lunes, 23 de septiembre de 2013

¿Por qué los emigrantes de Avión en México no crean empresas en Galicia?


Fotografia. Carlos Slim, que ostenta la mayor fortuna del mundo, con Vázquez Raña y otros empresarios     gallegos en las fiestas patronales de San Roque en Avión, agosto de 2013                                     
Los medio de comunicación periódicamente dedican atención preferente a las visitas que realizan los emigrantes de Avión (Ourense) a sus aldeas y pueblos originarios de la montaña gallega. Son una comunidad de empresarios de éxito que hacen alarde de sus patrimonios. Pero, por qué ese interés en sus orígenes tan solo se traduce en la apertura de oficinas bancarias en el pequeño de pueblo de Avión (hasta 10 oficinas en un lugar con apenas 300 habitantes en invierno). Las familias de emigrantes exitosos han promovido la construcción de grandes casas con sus jardines y ostentosas fachadas; han generado empleo en la construcción durante un período limitado de tiempo. Cuando se remata la edificación tan bien se acaba el empleo... Pero surge la interrogante de qué podemos hacer en Galicia para atraer el interés de estos emigrantes-empresarios exitosos por invertir y crear empresas y empleo en Avión, Ourense y en Galicia. ¿Que hacen nuestros organismos públicos al respecto?
Para llegar a comprender el significado de estas interrogantes y comprender el proceso emigratorio de los municipios gallegos de Avión y Beariz hacia México y su éxito recomiendo leer los siguientes documentos:

El sentido de comunidad como clave del éxito de los emigrantes de Avión a Mexico 

Ferrás, C. (1999). Desde Avión hacia Jalisco. Historia y perfil socioeconómico de la emigración gallega hacia México en la segunda mitad del siglo XX


8 comentarios:

  1. Fernando Paz Valiña10/05/2013

    Deixando a un lado o feito de que a acción de invertir non deixa de ser unha opción persoal que en moitos casos non responde a un razoamento lóxico, si podemos advertir ata 5 factores decisivos por os cales un emigrante galego en México (e en outros estados) non inverte cando retorna a Galicia:
    - Idade avanzada: Normalmente o retorno dos emigrantes prodúcese durante a fase de envellecemento. Unha persoa da terceira idade habitualmente ten menos apetencia polo risco e a aventura e móstrase máis conservadora. Nese momento os retos fundamentais da súa vida foron acadados e contemplan Galiza máis coma un destino vacacional e de retiro que coma un lugar para a inversión.
    - Pérdida do sentido de comunidade: Paradóxicamente o feito de que os emigrantes galegos retornen a súa terra non conleva unha recuperación da súa identidade primixenia, senón máis ben todo o contrario, son percibidos coma extranxeiros, tanto por eles mesmo como polos habitantes das súas aldeas de procedencia. En Galicia son considerados mexicanos e o seu desapego é evidente a,diferencia de México, onde a comunidade galega está unida por fortes vínculos sociais, incluso endogámicos.
    -Diferente entorno de inversión:Os empresarios galegos en México están habituados a moverse en un entorno urbano, de grandes cidades cheas, no indiciario momento en que chegaron, de cuasi-infinitas posibilidades de inversión. Na Galicia actual, polo contrario, atópanse con un panorama moi diferente: retornan a un ámbito periférico, rural, mal comunidado cunhas cidades relativamente pequenas e pouco industrializadas. Fano ademáis nun momento en que a economía galega (e en xeral a europea) está atravesando un periodo de graves dificultades no cal se está redifinindo todo o sector productivo.
    -Trabas burocráticas: A diferencia do México que se atoparon no seu día (un estado en fase de crecemento, onde se flexibilizaron os atrancos burocráticos co fin da promoción económica), a iniciativa empresarial galega na actualidade, encóntrase desencentivada en parte, por un feixe interminable de trámites administrativas. Dende o momento en que alguén decide abrir unha empresa ata que finalmente o logra, habera de peregrinar durante meses por labirinto administrativo.
    -Ostentación: O éxito económico dos emigrantes galegos, combinado co baixo nivel cultural da maioría deles, propicia un gusto pola ostentación e que os seus obxetivos de inversión non vaian máis alá das típicas manifestacións de suntuosidade (unha gran casa, un gran coche). Dende a óptica da vanidade, de nada serve ser rico, se os demáis non se decatan, e neste senso, os emigrantes retornados fuxen da actividade empresarial por temor ao fracaso a ollos dos seus conveciños.

    ResponderEliminar
  2. Creo que pouco máis hai que engadir ao extenso comentario anterior. O que si que creo que é importante é darse de conta de que Galicia non ten unha boa imaxe de cara ao exterior. Non sei se é que pretendemos ser o que non somos, se é porque perdimos a nosa identidade, ou pola situación económica, política e social decadente do estado. O que si que está claro é que non é por falta de ganas de atraer inversións, nin por falta de capital humano preparado, formado e abundante. Nun comentario é dificil profundizar en todas as causas que levan a que as inversións en entornos rurales e urbanos galegos sexa baixa ou inexistente. Sen embargo, quedaríame con unha, que é a pouca rentabilidade que lle pode dar a un inversor invertir nunha rexión periférica avellentada e en franca crise, cos seus sectores productivos tradicionais en tela de xuizo e cunha falta de perspectivas preocupante. Pode que esta non sexa exactamente a realidade, pero sen dúbida é o que se proxecta. Mentre a situación siga así, aquí non invertirá ninguén, nin tan sequera naquelas cousas nas que supostamente destacamos.

    ResponderEliminar
  3. Está claro que nunca se puede generalizar, pero respeto a este tema es algo que coincido plenamente sobre la Ostentación de nuestros emigrantes.
    Estamos ante una mentalidad actual en donde irse hacer las Américas para luego volver a tu origen ya no es sinónimo de potenciar el desarrollo socioeconómico de las comarcas rurales. Creo que prioriza la imagen de cara a la galería cuando llegan aquí (salvo excepciones) y no de las preocupaciones de cara a un desarrollo del territorio.

    ResponderEliminar
  4. Miguel Ángel Piñeiro Lozano10/10/2013

    Cando se crea un capital a base de traballo, xa sexa en Galicia ou en calquer parte do mundo o que se plantexa é manter ese capital e non invertilo desacertadamente. Estas persoas estableceron as súas vidas en torno a un país que non era o seu, enxendrando fortunas no extranxeiro. Ante unha posibilidade de inversión do seu capital, sendo coherentes, non o van a facer nunha rexión como Galicia onde non hai posibilidades de prosperar, realizaranas na cidade ou país onde acadaron os seus triunfos, porque teñen máis posibilidades de éxito.
    O sentimento de afastarse da súa terra natal non é agradable, polo que restauran as súas vivendas familiares ou construen outras nas respectivas lugares de orixe pero coas fortunas acumuladas poden facer vivendas de luxo para destacar e mostrar os seus éxitos alén das súas vilas. Esa ostentación tamén é reflexada nos coches ou en outros bens.
    A práctica da endogamia entre familias do mesmo "estatus socioeconómico" permítelles que os capitais non se esparexen pero estalles a crear un problema de círculo pechado fronte ó resto da sociedade.

    ResponderEliminar
  5. Como ben se expresa nos comentarios anteriores, os motivos polos que un emigrado non invirte na súa terra natal poden ser varios, mais eu creo que existe outra razón fundamental, a cal eu percibo no comentario de Jorge, e que nada ten que ver directamente co emigrado. É a falta de políticas e plans efectivos de desenvolvemento a nivel local. Dada a decadente situación que dende fai tempo temos no noso rural, compre pensar en programas ou ideas que sexan capaces de atraer inversión (como o dos emigrados) e actividades produtivas que dinamicen e revitalicen o rural galego. O paso posterior a preguntarnos o "por qué?" sería preguntarnos o "como ou de que xeito atraemos esa inversión?" e aqui xa entraríamos en debates sobre que lóxica/estratexia de desenvolvemento seguir, se unha puramente capitalista ou outras alternativas.

    ResponderEliminar
  6. Luis Pastur10/14/2013

    Yo creo, como la mayoría de mis compañeros, que la escasa inversión es debido a una débil política de desarrollo local. Además, no se trata sólo de reducir los impuestos a los que invierten, sino generar opciones e ideas directrices de hacia dónde debe ir encaminada la inversión para que de verdad favorezca a las localidades. Así mismo, también creo que hay un componente cultural, ya que los emigrados gastan en mejorar las casas o las fincas pero no en generar riqueza. Éso es lo que las políticas deben cambiar.

    ResponderEliminar
  7. Ben, parece claro que existen diferentes motivos polos cales os emigrados galegos a México, que fixeron fortuna, non invirten seus cartos en Galicia, a terra de orixe. Un segundo nivel na análise respecto ao tema ficaría en estudar efectivamente cómo lograr esa atracción de capital; e eu, en relación ao estudado nas clases, plantexaría un modelo a desenvolver de tipo top-down. Isto é, medidas tomadas dende a administración pública, tales como baixar impostos ao fluxo de capital, baixar impostos diretos ás sociedades ou incluso buscar un reasentamento da poboación. Todo isto porque parece clara a imposibilidade de contar cun modelo de inversión bottom-up, e polo tanto debemos promover o top-down. Un saúdo a todos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Quizais é necesario unha especie de "plan de concienciación", facerlles ver a importancia que pode ter a inversión de parte do seu capital para a xente galega en xeral e para eles tamén. Que a situación de crise non é algo inherente, e que poden ser eles os protagonistas dunha certa mellora da situación.

      Eliminar