jueves, 17 de octubre de 2013

Cales son as consecuencias da Crise Demográfica na sociedade galega?



Cales son as consecuencias do Problema demográfico de Galicia? Que vai acontecer nun país sen nenos e sen xóvenes? Temos futuro? Que podemos facer?

Mirade este video da Televisión de Galicia cunha entrevista, ao meu xuizo, de grande interés.

Debe Galicia definir o seu proxecto político? Que fan ao respecto os nosos políticos? Somos conscentes os cidadáns das ditas concecuencias da Crise Demográfica?

Pica aquí para velo vídeo:

Carlos Ferrás, profesor de Xeografía humana da USC: "O proxecto de Galicia como país podería correr perigo a causa do problema demográfico

5 comentarios:

  1. ALBERTO ROMERO10/18/2013

    En mi juicio, es evidente que Galicia se encuentra bajo un suicidio demográfico.
    En primer lugar asistimos a un claro envejecimiento de la población en nuestro territorio, que provoca que tengamos en la actualidad una pirámide poblacional invertida y que va en aumento. Esto es algo muy preocupante, ya que los que nos encontramos en la parte baja de esta pirámide tendremos que sostener al gran porcentaje de población envejecida que tenemos en Galicia.
    En segundo lugar, si hablamos de suicidio demográfico, es importante tener en cuenta el despoblamiento que se está generando sobretodo en las provincias de Lugo y Ourense quedándose aldeas abandonadas y por último la huida de los jóvenes a los núcleos urbanos y en muchos casos fuera de nuestro país en busca de un trabajo debido a la mala situación económica que estamos pasando.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo10/19/2013

    Por fin se acordaron de que se estan quedando sin gente, bueno mas bale tarde que nunca. Soy gallega y vivo casi toda mi vida en el extranjero extranando mi lugar de origen como todos los que se fueron. Al primer lugar de acogida donde vivi me sorprendi la enorme cantidad de personas pertenecientes a mi etnia, estaban organizados y con su esfuerzo y su trabajo progresaron, casi todos eran de origen humilde, pero contribuyeron mucho al desarrollo social y economico del lugar donde se asentaron por su iniciativa y su trabajo, si estas mismas personas se hubieran quedado y tubieran un poquito de apoyo Galicia seria un paraiso. Pero no la mentalidad retrograda de los que nos gabernaban no ven mas alla de sus narices con respecto a este asunto. Nada ha cambiado y por lo que veo siguen tan insensibles. todavia no se dieron cuente que los metodos feudales fueron abolidos y que la gente no se deja pisar y va a dar su aportacion y su trabajo a otro lugar donde no lo humillen.

    ResponderEliminar
  3. Mateo Cornado10/14/2014

    Un país sen nenos nin xovenes, está claro que non vai ter futuro como tal. Está claro que nun país como Galiza, onde a maioría das súas aldeas e pequenas vilas están habitadas na súa maioría por persoas xubiladas ou maiores próximos á xubilación é un grave problema. Todas estas entidades de poboación van quedar deshabitadas ou perderan gran parte da súa poboación nun prazo de 10-20 anos.

    Futuro? Aínda temos tempo de reación, pero ten que ser xa. Primeiro temos que pornos unha meta e elaborar un plan a longo prazo. Non se vai solucionar a crise demográfica galega nun prazo de 4 anos. Que é o período de tempo para as elecións. Os dirixentes políticos sempre realizan plans e accións a curto prazo.

    Posibles solucións? Hai varias, por unha parte temos que preguntarnos por qué razón a xente xoven emigra de Galiza? A resposta é clara, non hai oportunidades para obter un bo emprego. Polo que teremos que crear postos de traballo para asentar a poboación. Logo, unha boa política de natalidade. O famoso cheque-bebé do governo de Zapatero, axudaba en curta medida, mais non era dabondo.

    Non creo que a sociedade galega estea totalmente concienciada da grave crise demográfica. Sempre pensamos a curto prazo, mais desta maneira, dentro de 40 ou 50 vamos a sufrir graves problemas que podemos empezar a solucionar xa.

    ResponderEliminar
  4. Na miña opinión nin os políticos nin a poboación son realmente conscientes do grave problema demográfico que temos. O pasado ano levouse a cabo o primeiro encontro interterritorial polo cambio demográfico entre as CCAA máis avellentadas, solicitando a elaboración dunha estratexia nacional demográfica. Estas CCAA teñen claros os obxectivos, pero que fan para logralos?
    Temos unha porcentaxe do 23,06% de poboación maior de 65 anos, e as previsións futuras móstranse alarmantes. Prevese que no 2050 sexamos menos de 2 millóns.
    Creo que levando a cabo as estratexias correctas, si temos futuro como sociedade, pero co total do noso territorio o futuro é incerto, cómo será o interior de Galicia en 2050?. Co proceso de cambio territorial e a crise económica, deberemos plantexarnos qué territorios son viables para fixar poboación e invertir neles.
    Aquí deixo os enlaces de interese:
    http://www.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=579430&name=DLFE-20411.pdf
    http://www.farodevigo.es/opinion/2014/07/06/invierno-demografico-galicia-asunto/1053480.html

    ResponderEliminar
  5. O problema demográfico é un dos máis importantes no noso Territorio, se ben é certo que vai estreitamente ligado a nula planificación por parte das administracións.
    Ao problema xa existente do avellantamento case crónico do rural súmaselle a nova emigración da nosa xeración mellor preparada de xovenes principalmente desde as cidades. Esto implica a saída de persoal cualificado na búsqueda de oprtunidades. Os que consigan traballos estables cunha boa calidade de vida en paises máis desenvolvidos que o noso dificilmente volverán. Precisaríase un cambio de modelo radical do pais, porque independentemente da crise económica, o noso país unha vez recuperado tampouco podería absorver toda a man de obra califacada que xerou.
    Segundo o IGE no 2020 seremos 2.663.089 galegos, case 100.000 menos que na actualidade
    Urxe un Plan Estratéxico común, consensuado e resistente aos cambios no poder. Neste Plan se deben marcar as bases da creación de emprego, políticas de acceso a vivenda, infraestructuras e instalacións necesarias para impulsar a natalidade e conciliación laboral e familiar tanto nas cidades como no rural.

    Fontes:
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/12/10/13000-personas-marchado-galicia-primera-mitad-ano/00031386671935911238375.htm

    http://www.farodevigo.es/galicia/2013/08/11/retorno-emigrantes-galicia-cae-nivel/859236.html

    http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=6217&R=1[2020];3[91];4[0]&C=2[0]&F=&S=&SCF=

    ResponderEliminar