lunes, 10 de marzo de 2014

Los Mapas a Medida de Google. ¿Para quién y para qué?


Eugeny Morozov reflexiona sobre Google, la publicidad y la "organización de la información mundial". ¿Si pensamos en mapas a medida que traducen en localización espacial nuestros historiales de búsqueda en la Red qué puede pasar con la innovación?. Si nuestras movimientos en el espacio son tan predecibles y por tanto cartografiables qué futuro nos depara (?). Si google recopila información sobre los lugares en que nos movemos, vivimos, trabajamos, relacionamos, visitamos, interesamos... y lo pone en valor de cambio con la publicidad qué puede suceder. Pues podrán orientarán nuestros gustos y deseos de compra como consideren oportuno en favor de los intereses lucrativo de una élite. Frente a todo esto Morozov reclama mayor libertad, más diversidad, menor control y una revalorización de la ciudad compleja, desordenada y diversa, capaz de promover la creatividad, la innovación, los cambios sociales, culturales, etc. con gentes capaces de denunciar la marginación, el exceso o el control político.

Os recomiendo leer atentamente el siguiente artículo de Morozov:
Ver http://elpais.com/elpais/2013/05/24/opinion/1369390299_086225.html

3 comentarios:

  1. Unha das consecuencias da Terceira Revolución Industrial é a de convertir a "Información" nun "activo económico", o cal, requiere en contra do que se tende pensar, de enormes economías de escala, de ahí o elevado factor de concentración do sector, dando lugar a cuasi-monopolios en certos sectores como é o da búsqueda de información a través da rede. Google, sen dúbida algunha convirteuse no principal buscador a nivel, mundial, con poucos competidores que permitan contrarrestar ou rebatir a súa posición monopolística no mercado (exceptuando nos mercados asiáticos que por circunstancias socio-políticas a poboación está privada do poder elección).
    Se ven é certo que en principio os individuos somos libres para poder elexir o buscador que debemos utilizar, tamén é certo, que a súa maior eficiencia convirteuno nun monopolio, con todo o "negativo", que eso pode supor para os intereses sociales e individuais das persoas (inducción de preferencias moitas delas condicionadas económicamente, control e vixianza dos perfís e preferencias dos individuos, etc...).

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente, como se dí no artigo, a información que google é capaz de recopilar e analizar tras o noso paso pola rede, móstrasenos como cunha finalidade práctica, para facilitarnos as cousas á hora de navegar pola web. Sen embargo, o trasfondo real é o de predicir a nosa actuación e a partir de ahí utilizar todos eses datos a favor dos intereses empresariais ou das webs que lle interesa primar a google. Por esta razón, a nosa navegación pola web non se fai de maneira absolutamente libre senón que está determinada segundo estas premisas.

    Cal é a consecuencia disto? Ó meu entender, a nosa capacidade de decisión non desaparece pero sí é forzada a limitarse e sobre todo a ciñirse ó que se nos mostra na rede. Nun mundo e moi especialmente no ámbito tecnolóxico, no que nos acostumamos á necesidade de inmediatez, accederemos sempre ós contidos que primeiro se nos mostran, que inevitablemente serán os primeiros que nós teremos en conta como adecuados. Sen embargo o que ocorreu é que google xa decidiu por nós e fixoo seguindo o interese das empresas que lle reportan beneficios a google porque as promocione. A cuestión a remarcar é entón que ter a posibilidade de decidir o que para nós é conveniente ou non é algo que paulatinamente se dilúe, e está sometido ós intereses e a capacidade de obter notoriedade por aqueles grupos empresariais que materializan a súa actividade na rede. Os artigos do propio Nozorov van neste sentido http://elpais.com/elpais/2013/12/11/opinion/1386762492_050721.html?rel=rosEP
    http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2014/02/04/actualidad/1391505159_460108.html?rel=rosEP

    Que ocorre en canto ó control das dinámicas que seguimos nun espacio urbano ou rural? Neste suposto a limitación da capacidade de decisión coa que nos movemos no terreo da web trasládase ó terreo real. A partir de aquí convertémonos en persoas dirixidas, cara onde a google lle convén que vaiamos e, sen deixar de ter en conta, que isto será onde obteña maior beneficio aquela empresa que lle reporta dividendos á propia google. Ó meu entender o tema aínda vai máis alá. Os novos mapas de google obrígannos a crear percepcións limitadas do espacio no que nos movemos e aínda máis, se este é descoñecido ou acabamos de chegar a él. Impídesenos interesarnos por todo o que nos pode ofrecer ese espacio e inconscientemente determinan a nosa mobilidade nel. E ademais dita percepción estará amplamente marcada por intereses económicos, disimulados coa excusa da adecuación ós nosos propios intereses. A consecuencia será entón que desaparece a interacción real do ser humano co espacio no que se desenvolve, da capacidade de asimilar todo o que este pode aportar, de entender a súa conformación e dinámicas e a partir de ahí xulgar como moverse nel.

    Aquí deixo un pequeño artigo cun video feito por google que explica o funcionamento e o seu punto de vista sobre os mapas personalizados:
    http://www.tecnofans.es/internet/articulo/google-maps-ahora-con-mapas-personalizados-video/78433
    E aquí outro sobre como a publicidade en internet é fundamental para as empresas o que lles obriga a mellorar continuamente as fórmulas para acercarse por este medio ó usuario:
    http://www.ehu.es/zer/hemeroteca/pdfs/zer24-08-muela.pdf

    Telmo Otero

    ResponderEliminar
  3. Neste artigo Evgeny Mozorov, que traballa no ámbito das implicacións políticas e sociais da tecnoloxía e exerce como profesor invitado da Universidade de Stamford e editor en The New Republic, reflexiona sobre os mapas e o control de datos que a multinacional americana Google está a levar a cabo nos últimos anos e que nos afectan, en maior ou menor medida, a todos nós.

    Non sería demasiado atrevido afirmar que Google é un dos actores con máis poder e influencia a nivel mundial debido á cantidade de datos e redes que controla a través dos seús distintos productos como o propio Google Maps, o sistema operativo Android, YouTube, ou o tradicional buscador. Non obstante creo que a opinión do autor bielorruso é demasiado extrema e parece que califica á empresa americana como o principal inimigo da liberdade. É certo que Google pode coñecer datos como a nosa posición en tempo real se levamos un Smartphone no bolsillo, coñecer todas as nosas búsquedas e actividades nos catro sistemas nomeados anteriormente, pero de ahí a afirmar que inflúe sobre as nosas actividades e impide a nosa liberdade e creatividade parece que existe un largo treito, xa que únicamente nós decidimos sobre estas aínda que nos inflúan indirectamente.

    Seguindo o exemplo das suxerencias personalizadas que emprega Mozoroz podemos analizar a ferramenta de Google Now (http://www.google.com/landing/now/) presente en casi todos os smartphones. Esta emprega un sistema mediante tarxetas de notificacións e no meu caso faime suxerencias baseadas nos meus desprazamentos e hábitos máis ou menos regulares como poden ser billetes de autobús Santiago – Lugo, próximos partidos do meu equipo de futbol, rutas de coche ou camiñando alternativas para os desprazamentos que fago a diario, sitios para comer etc. Unha vez asumido e aceptadas todas as connotacións negativas, pero á vez inevitables, que ten que controlen os nosos datos, estas suxerencias parecen positivas para o día a día e non implican unha coacción ou influencia directa sobre as nosas costumes, creo que debemos velas simplemento como eso, suxerencias que naide nos obliga a seguir se non queremos, de feito eu creo que non seguin ninguna en anos, pero ata resulta de agradecer en determinadas ocasións.

    Comparto en grande media a opinión manifestada polo autor e polo meu compañeiro Telmo, unha multinacional con semellante volumen de datos controlados, e en definitiva, con semellante poder pode chegar a ser perigosa e a influír sobre a nosa liberdade e vida diaria. Pero na miña opinión esto aínda non esta a producirse e tamén debemos ver o lado bon de todas as aplicación e sistemas creados por Google, protagonista sen dúbida da revolución da informática e das telecomunicacións, e non quedarnos únicamente co lado negativo destas.

    Miguel Núñez Torres

    ResponderEliminar